Preto de 650 estudantes das tres universidades públicas galegas participan desde a mañá deste mércores en Pontevedra no XXVI Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos.
A catedrática do Departamento de Enxeñaría Telemática Rebeca P. Díaz Redondo, directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación desde marzo de 2021, manterase outros seis anos á fronte deste centro tras renovar este mércores a confianza da Xunta de Escola.
Moi lonxe de retratar mulleres submisas, abnegadas e felices no seu papel secundario na sociedade, a fotógrafa e documentalista Ruth Matilda Anderson amosaba a comezos do século XX unha Galicia ben diferente. Sobre o seu traballo ofreceu un relatorio esta mañá a investigadora Alba Rodríguez Saavedra.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá do 18 ao 20 de marzo a celebración das I Xornadas de Traballo Social Eco-Social. A cita terá lugar coincidindo coa conmemoración o 19 de marzo do Día Mundial do Traballo Social.
Un dos tres piares sobre os que se asenta o Plan Estratéxico da Universidade de Vigo 2021-2026 é a internacionalización. Xunto coa defensa da igualdade e o fomento da lingua galega, este é un valor fundamental e unha liña de traballo esencial para a institución. A última medida posta en marcha neste sentido é o Plan Integral de Preparación e Acreditación do Inglés (PIPA).
A Universidade de Vigo continuará sendo unha das promotoras do Pont-Up Store, tras a sinatura dun convenio de colaboración coa asociación responsable da organización deste evento, impulsado en 2014 polo grupo de investigación G4 Plus.
Diferentes iniciativas que a Universidade vai desenvolver nos próximos meses en Pontevedra, como actividades centradas na empregabilidade do alumnado, unha xornada de portas abertas ou unha nova edición da Semana da Creatividade, foron abordadas polo Consello de Campus este luns.
Alumnado da Facultade de Dereito do campus de Ourense visitou este luns a Deputación de Ourense para coñecer o funcionamento interno, desde o punto de vista técnico, da institución provincial. Na súa visita foron recibidos por Marta Nóvoa, vicepresidenta primeira.
Tras a reunión que a pasada semana mantiñan o reitor da Universidade de Vigo e o presidente da Deputación de Pontevedra, a institución provincial anunciou este luns un investimento de 165.000 euros para impulsar unha serie de proxectos conxuntos no 2024.
O Consello de Campus de Ourense celebrou este venres unha sesión ordinaria que, presidida por Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, tivo como protagonista principal o Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense.
Por ser un exemplo da implicación activa das docentes e investigadoras da Universidade de Vigo a prol da igualdade de xénero, a institución académica viguesa concedeulle o Premio Uviguala 2024 a Elas Fan CienTec, iniciativa que naceu no 2017 no campus de Vigo.
O congreso El Ojo de Polisemo é un encontro de carácter bienal e itinerante que naceu en 2009 para salvar a fenda que adoita existir entre o mundo universitario e o mundo da tradución profesional. Por primeira vez na súa historia, este ano o simposio recala en Vigo, organizado pola Asociación ACE Traductores en colaboración co Departamento de Tradución e Lingüística da UVigo.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.
O campus de Ourense acolleu este mércores a celebración da Xornada de educación familiar. O tempo compartido en familia, organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e a Facultade de Educación e Traballo Social.
O programa de eventos para conmemorar o Día Internacional da Muller no campus de Vigo arrancou hoxe mércores cunha xornada sobre as mulleres nas artes escénicas. Celebrada na Facultade de Filoloxía e Tradución, reuniu ás actrices galegas Patricia de Lorenzo e Arantza Villar.