“A preocupación polas cuestións de xénero ten natureza transversal e o sistema tributario tamén pode desempeñar, e, de feito desempeña, un papel na procura de solucións”, aseguran Ana María Pita Grandal e Carmen Ruíz Hidalgo, docentes e investigadoras do departamento de Dereito financeiro e tributario da UVigo e organizadoras da xornada Igualdade de xénero e fiscalidade. Perspectiva de xénero no imposto sobre a renda das persoas físicas, que se desenvolverá este xoves e venres, a través de Campus Remoto
21/10/2020