O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense, celebrou este venres en Santiago de Compostela unha xuntanza de traballo coa conselleira en funcións de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana.
Este xoves, 21 de marzo, celébrase o Día Mundial do Síndrome de Down 2024. Sumándose a este compromiso, a Facultade de Ciencias do campus de Ourense abriu as súas portas esta semana a membros da asociación Down Ourense para participar nunha acción de sensibilización ambiental.
Desde este luns, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle cada tarde a celebración das I Xornadas de Traballo Social Eco-Social. Nelas abórdase e reivindícase, desde o académico e o profesional, desde a teoría e a práctica, o papel desta disciplina.
O venres, 22 de marzo, celébrase o Día Mundial da Auga. Cada curso académico, en datas próximas a ese día, o campus de Ourense abre as súas portas ás futuras xeracións de universitarias e universitarios para que coñezan de primeira man a vida académica e investigadora que ten.
O campus de Ourense acolleu o pasado venres a celebración da primeira xuntanza entre responsables dos tres campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia (SUG) acreditados pola Xunta de Galicia.
A Cátedra Aldaba-WIB (Women, ICT & Business) das universidades de Vigo e A Coruña e a empresa tecnolóxica Aldaba fixo público este luns os datos do seu Barómetro da Fenda de Xénero nos Estudos TIC.
A programación 2024 das rutas culturais da Universidade de Vigo, organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, continúa o sábado 16 de marzo coa Ruta Cultura da Auga. Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)-A Guarda.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá do 18 ao 20 de marzo a celebración das I Xornadas de Traballo Social Eco-Social. A cita terá lugar coincidindo coa conmemoración o 19 de marzo do Día Mundial do Traballo Social.
Alumnado da Facultade de Dereito do campus de Ourense visitou este luns a Deputación de Ourense para coñecer o funcionamento interno, desde o punto de vista técnico, da institución provincial. Na súa visita foron recibidos por Marta Nóvoa, vicepresidenta primeira.
O Consello de Campus de Ourense celebrou este venres unha sesión ordinaria que, presidida por Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, tivo como protagonista principal o Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.
O campus de Ourense acolleu este mércores a celebración da Xornada de educación familiar. O tempo compartido en familia, organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e a Facultade de Educación e Traballo Social.
A terceira e última edición do curso do Módulo Jean Monnet sobre o Pacto Verde Europeo xa está en marcha. A cita é cada venres, desde o pasado 23 de febreiro e ata o 3 de maio.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense súmase á celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coa posta en marcha dun concurso fotográfico. A súa temática, indican desde o centro, é A muller de hoxe.
A Escola Infantil Concepción Saiz Otero do campus de Ourense ten aberto o prazo para solicitar unha das súas 41 prazas para o curso 2024/2025. O centro forma parte do programa de gratuidade no primeiro ciclo de educación infantil da Xunta de Galicia.