O curso pasado a irrupción da pandemia da covid-19 levouse por diante a celebración máis senlleira da Escola de Enxeñería Industrial, o seu patrón, San Xosé. Pero este ano o alumnado non quixo quedar de brazos cruzados e, en lugar de resignarse, deseñaron un amplo programa de actividades, entre o 11 e o 18 de marzo.
09/03/2021