Entre as iniciativas a prol da inclusión da UVigo está no campus de Ourense a convocatoria cada ano de bolsas para a formación de persoas con diversidade intelectual. Neste 2022 concedéronse dúas bolsas, unha a Saúl Álvarez, que estivo no primeiro semestre, e outra a Pablo Gómez, que este mércores rematou a súa formación, ambos da asociación Down Ourense.
14/12/2022