A programación 2024 das rutas culturais da Universidade de Vigo, organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, continúa o sábado 16 de marzo coa Ruta Cultura da Auga. Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)-A Guarda.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá do 18 ao 20 de marzo a celebración das I Xornadas de Traballo Social Eco-Social. A cita terá lugar coincidindo coa conmemoración o 19 de marzo do Día Mundial do Traballo Social.
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu este martes unha xuntanza de alumnado de cuarto curso dos seus graos de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e de Enxeñaría Agraria con alumnado homólogo das mesmas titulacións da Universidad de León.
Preto dunha vintena de equipos e case un cento de estudantes, procedentes de toda España, participaron durante a tarde do venres e o sábado, en sesións de mañá e tarde, na segunda edición do Torneo Indalo de Debate Académico Universitario da Universidad de Almería.
O HackForGood, un dos hackatons máis populares de España, regresa esta semana de xeito simultáneo a 25 de universidades de 16 cidades todo o Estado na que será a súa novena edición.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.
O campus de Ourense acolleu este mércores a celebración da Xornada de educación familiar. O tempo compartido en familia, organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e a Facultade de Educación e Traballo Social.
41 empresas compiten esta semana no campus de Vigo por captar o mellor talento TIC que se está a formar nas aulas das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñería Industrial e Enxeñaría de Minas e Enerxía para incorporalo aos seus cadros de persoal. Fano na XXIV edición do Foro Tecnolóxico de Emprego.
A terceira e última edición do curso do Módulo Jean Monnet sobre o Pacto Verde Europeo xa está en marcha. A cita é cada venres, desde o pasado 23 de febreiro e ata o 3 de maio.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o deputado de Reto demográfico, xuventude e desenvolvemento rural, Jorge Cubela, visitaron este xoves a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para coñecer de primeira man a asociación estudantil UVigo SpaceLab.
Enaire, o xestor da navegación aérea en España, dependente do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, convocou o pasado ano a través do seu centro de investigación, Crida, a segunda edición do Concurso de ideas de negocio en xestión do tráfico aéreo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este mércores unha nova sesión da súa aula aberta, titulada Aprendemos a xogar con Brazolinda.
A Deputación de Pontevedra abre este venres 1 e ata o 15 de marzo o prazo para participar nunha nova edición dos cursos de español para inmigrantes que, como novidade, este ano chegan por vez primeira a Vilagarcía de Arousa.
Cun convite a imaxinar un mundo máis sostible, o campus de Vigo acollerá entre o 14 e o 16 de marzo unha nova edición do HackForGood, un encontro de estudantes de todas as disciplinas que queiran converterse en hackers bos.