O pasado curso académico arrancou no campus de Ourense a Facultade de Relacións Internacionais e na actualidade son case medio centenar de estudantes, maioritariamente mulleres, as que estudan nela o Grao Interuniversitario de Relacións Internacionais.
A Facultade de Historia do campus de Ourense acolle este xoves e venres a celebración do II Congreso Internacional Antigüidades de Oriente Próximo e Exipto. Viaxeiros, pioneiros e coleccionistas europeos.
50 persoas, membros da comunidade universitaria e de fóra dela, fórmanse este curso académico nas tres aulas de teatro do campus de Ourense, que este mércores arrancaron a súa actividade.
O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2023 arrancará o vindeiro 25 de outubro a súa programación, que se prolongará ata o 15 de novembro. Nesta ocasión centrarase no teatro e a dramatización na formación da identidade lectora.
Entre as liñas de investigación do Grupo Environmental Physics Laboratory (EPhysLab-Centro de Investigación Mariña) da Universidade de Vigo está o impacto do cambio climático nos patróns de circulación atmosférica.
Cada ano, os campus da Universidade de Vigo acolle a celebración de diferentes charlas-coloquio organizadas polo Parlamento de Galicia en colaboración coa Asociación de Ex-Parlamentarios/as. Este martes arrancou no campus de Ourense unha nova edición.
A Facultade de Educación e Traballo Social acolleu este luns a xornada Pornografía, prostitución e ventres de aluguer. Novas ou vellas alianzas do patriarcado co capitalismo neoliberal?.
Os campus de Ourense e Vigo acollerán este mes a celebración de tres sesión do curso Elaboración do Informe de Sostibilidade Empresarial, organizado polo grupo Governance and Economics Research Network (Gen).
Un equipo internacional multidisciplinar liderado por Eduardo Méndez Quintas (Universidade de Vigo) e Margherita Mussi (Universidade La Sapienza de Roma) acaba de presentar os restos máis antigos coñecidos ata o momento da especie Homo erectus: o fragmento mandibular dun individuo infantil, ao que denominan Garba.
O Consello de Campus de Ourense celebrou este mércores a súa primeira sesión do curso académico 2023/2024. Nela abordouse o estado de desenvolvemento e as perspectivas de futuro dalgúns dos principais retos que afronta o campus os vindeiros meses.
A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense acolleu este mrates a conferencia Spacecraft Systems & Operations Engineering. Hera: Planetary Defense Mission, ofrecida polo egresado (2017-2021) deste centro Pablo Sueiro.
Por cuarto ano consecutivo, o Mestrado en Xestión Empresarial do Deporte da Universidade de Vigo sitúase no ránking internacional dos mellores posgraos que fai SportBusiness, entidade de referencia para a industria do deporte.
A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolle este martes, 10 de outubro a xornada Traballadoras especialmente vulnerables. Discriminación múltiple e interseccional na lei 15/2022. Conta co patrocinio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
A Vicerreitoría de Internacionalización e a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade de Vigo súmanse un ano máis á celebración europea dos #ErasmusDays 2023 coa organización de puntos de información móbil.
A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este xoves e venres a celebración do I Congreso Internacional de Dereito e Literatura, organizado pola Asociación Española de Derecho y Literatura (Aedel).