Ao longo desta semana, diferentes espazos de uso común do Edificio de Ferro foron acollendo a exposición de instalacións artísticas realizadas por alumnado de terceiro curso do Grao de Educación Infantil, que se imparte na Facultade de Educación e Traballo Social do campus.
A programación 2024 das rutas culturais da Universidade de Vigo, organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, continúa o sábado 16 de marzo coa Ruta Cultura da Auga. Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)-A Guarda.
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu este martes unha xuntanza de alumnado de cuarto curso dos seus graos de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e de Enxeñaría Agraria con alumnado homólogo das mesmas titulacións da Universidad de León.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.
Enaire, o xestor da navegación aérea en España, dependente do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, convocou o pasado ano a través do seu centro de investigación, Crida, a segunda edición do Concurso de ideas de negocio en xestión do tráfico aéreo.
A programación 2024 das rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo continúa o sábado 2 de marzo cunha andaina de montaña que descorrerá por Cabeza de Manzaneda pola serra de San Mamede (Ourense).
Carlota Fuentes, egresada do Máster en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental, é unha das seis finalistas do galardón Ciencia en feminino: Premio ao mellor Traballo Fin de Máster da Cátedra AgroBank Calidade e Innovación no sector agroalimentario, impulsada por Caixabank e a Universitat de Lleida.
A programación 2024 das rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo continúa o sábado 17 de febreiro cunha andaina de montaña que descorrerá pola serra de San Mamede.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acolle do 1 ao 3 de febreiro as xornadas de formación da Reunión de Estudiantes de Ingenierías Técnicas y Superiores en Informática (RITSI), entidade que reúne a alumnado de 36 centros estatais con titulacións en informática.
Tras celebrarse onte no campus de Vigo e Pontevedra, este xoves o campus de Ourense deu a benvida ao alumnado estranxeiro que este segundo cuadrimestre completará a súa formación nalgunha das súas facultades e escolas. Trátase de 26 estudantes.
A programación 2024 das rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo arranca este sábado 27 de xaneiro. Será cun percorrido polo coto de Novelle e a vila termal de Arnoia (Ourense).
A programación de rutas culturais da Universidade de Vigo xa está en marcha. Este cuadrimestre serán seis as andainas que se celebrarán desde o 27 de febreiro ao 20 de abril.
Alumnado do Grao de Ciencias Ambientais está a celebrar ata o martes 16 o I Congreso de Ecoloxía da Facultade de Ciencias de Ourense, póndose na pel de verdadeiros investigadores e investigadoras.
Alumnado da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense desenvolveu recentemente o proxecto músiCA(c)TIVA: sesións musicais en escolas infantís do rural ourensán.
A piscina universitaria, BeOne As Lagoas, acolleu este sábado pola tarde a celebración do II Festival de Natación Campus Auga, organizado polo Club Natación Escualos Campus Auga co apoio da Universidade de Vigo.