Os socios do proxecto europeo Ecotours, financiado con 1, 3 millóns de euros e no que a Universidade de Vigo é única representante española, levan meses traballando no deseño de estratexias que permitan revitalizar zonas costeiras rurais de distintas áreas de Europa, entre elas Galicia.
A profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte María José Martínez Patiño foi seleccionada pola European Olympics Academies (EOA) como integrante da súa comisión de desenvolvemento e cooperación para o período 2024-2028.
Por ser un exemplo da implicación activa das docentes e investigadoras da Universidade de Vigo a prol da igualdade de xénero, a institución académica viguesa concedeulle o Premio Uviguala 2024 a Elas Fan CienTec, iniciativa que naceu no 2017 no campus de Vigo.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.
O campus de Ourense acolleu este mércores a celebración da Xornada de educación familiar. O tempo compartido en familia, organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e a Facultade de Educación e Traballo Social.
O programa de eventos para conmemorar o Día Internacional da Muller no campus de Vigo arrancou hoxe mércores cunha xornada sobre as mulleres nas artes escénicas. Celebrada na Facultade de Filoloxía e Tradución, reuniu ás actrices galegas Patricia de Lorenzo e Arantza Villar.
No presente curso, a Universidade de Vigo impulsaba por primeira vez unha convocatoria de axudas para apoiar a deportistas universitarios de elite na preparación de competicións internacionais oficiais, na que foron seleccionados tres estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
A catedrática Rebeca Pilar Díaz Redondo opta en solitario á reelección como directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, tal e como se confirmou este mércores coa publicación definitiva de candidatos/as. As eleccións serán o vindeiro mércores, día 13.
Concienciar á comunidade educativa e a sociedade en xeral sobre a problemática do cambio climático. Con este obxectivo desenvolveuse o proxecto Coñecendo o clima local: un soporte para a concienciación medio ambiental na Educación Secundaria.
Analizar novas vías de cooperación entre Universidade de Vigo e Deputación de Pontevedra foi un dos obxectivos da reunión que este martes mantivo o reitor, Manuel Reigosa, co presidente da institución provincial, Luis López.
A análise dos novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica, constitúe o eixo central da International Performance Art Conference Fugas e Interferencias, o único congreso académico dedicado a esta disciplina que se desenvolve en España.
Investigadoras da Facultade de Ciencias do campus de Ourense están a desenvolver coa Fundación Menela un proxecto destinado a fomentar a empregabilidade dos usuarios adultos desta entidade, persoas con trastorno do espectro autista (TEA).
Realizar un percorrido polas máis de dúas décadas de traxectoria profesional na UE do analista Serafín Pazos foi o obxectivo central do obradoiro que impartiu este luns na Facultade de Dirección e Xestión Pública, no marco das actividades da Cátedra Jean Monnet Institucións europeas e cidadáns.
O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM), a través da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat), forma parte desde 2018 do Centro Europeo de Recursos Biolóxicos Mariños (European Marine Biological Resource Centre-EMBRC), unha rede de infraestruturas de investigación pan-europea.