Complementar a formación do alumnado do Grao en Comunicación Audiovisual coas achegas de profesionais do sector, que ademais de proporcionarlles un maior coñecemento sobre o manexo de cámaras, a dirección de fotografía, o deseño de son e a posprodución, achegaranlles tamén recomendacións e consellos para os seus traballos. Estes dous obxectivos combínanse no ciclo de obradoiros profesionais que terá lugar en Ciencias Sociais e da Comunicación.
15/03/2022