Cinco anos de saídas de campo, nas que se recolleron máis de 200 espécimes de plantas fósiles do Carbonífero, cuns 303 millóns de ano de antigüidade, conduciron a un grupo de investigadores de España e Alemaña á identificación do rexistro máis antigo de posta de ovos de insectos en plantas da península ibérica, así como das primeiras evidencias de interaccións nos xéneros de plantas Pecopteris, Oligocarpia, Polymorphopteris e Cordaites.
24/05/2022