Afondar nas “transformacións e retos aos que se enfronta a diplomacia nun ámbito político caracterizado por múltiples conexións e interdependencias entre os distintos niveis de goberno” é o obxectivo da xornada Gobernos rexionais e locais: tecendo relacións na escena internacional, que este venres se desenvolve na Facultade de Dirección e Xestión Pública.
Deseñar unha estratexia que poña en valor os múltiples servizos que o monte periurbano proporciona á sociedade e concienciar ao tecido social e empresarial vigués da crucial importancia do monte no benestar da sociedade. Este é o obxectiv do proxecto Montes Vigo 2046.
Máis de 300 especialistas no estudo das augas doces participarán o vindeiro mes de xuño en Vigo na 22ª edición do Congreso da Asociación Ibérica de Limnoloxía, unha cita que por primeira vez se celebra en Galicia, organizado desde a Universidade de Vigo.
Un equipo internacional formado por astrónomos e astrónomas de todo o mundo acaba de dar a coñecer o achado do buraco negro estelar máis masivo descuberto ata agora na Vía Láctea. A súa investigación foi publicada este martes pola revista Astronomy & Astrophysics e está asinada por 300 investigadores, entre eles, a catedrática da UVigo Ana Ulla.
Dos 17 ODS da Axenda 2030 foron os de Acción polo clima (13), Enerxía asequible e non contaminante (7), Produción e consumo responsable (12) e Industria, innovación e infraestruturas (9) nos que maioritariamente puxeron o foco os cinco Traballos Fin de Mestrado gañadores dos Premios Innovación Sostible da Cátedra Telefónica-UVigo 2023.
Obter un conxunto de datos sobre diferentes parámetros do rendemento físico, que permiten tanto definir a carga de adestramento, como observar a evolución dos xogadores do primeiro equipo. Isto é o que achega ao Club Cisne Balonmán a colaboración que mantén coa Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
Investigadores do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións e do Grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas, ambos de atlanTTic, participaron no deseño dun sistema de antenas máis eficiente para os satélites destinados a comunicacións de alta capacidade.
Contribuír á transición dixital europea a través da investigación e do desenvolvemento de métodos de análise innovadores é o propósito da European Network on Digitalization and E-Governance, unha rede integrada por especialistas de doce países, entre os que se atopa o profesor de Dirección e Xestión Pública Celso Cancela.
Ofrecer unha visión xeral sobre os cambios que se están a producir na industria do deporte, nun contexto marcado pola transformación dixital e implantación de novas ferramentas tecnolóxicas, é o obxectivo central do Galicia Sportech Congress, que se desenvolve na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
Arranca en Vigo Biointegrasaúde 2024, encontro anual no que os tres institutos de investigación biomédicos galegos (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Instituto de Investigación Biomédica da Coruña e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur) fan unha posta en común da súa actividade científica.
O Centro de Investigación en Nanomaterias e Biomedicina, CINBIO, da Universidade de Vigo é unha das nove entidades seleccionadas para participar no consorcio europeo Adaptation, financiado con 3,6 millóns de euros de axudas Pathfinder da Unión Europea.
Coñecer o uso que as e os adolescentes galegos fan das tecnoloxías dixitais para a promoción da saúde é o propósito central do estudo que desenvolven as investigadoras da UVigo Ana Rey e Inés Táboas, no marco dun proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e coordinado pola Universidad Complutense de Madrid.
Un ano máis, a Universidade de Vigo embárcase en La Aventura del saber. O programa de TVE2, que estreará nova temporada mañá mércores 3 de abril, volverá contar coas universidades españolas na sección Universo Sostible.
Especies de elasmobranquios costeiros como a raia mosaico (Raja undulata) ou o melgacho (Scyliorhinus canicula) centran desde o ano 2019 os estudos de investigadores e investigadoras do IIM-CSIC, d UVigo, do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e do Cetmar.
Proporcionar ao profesorado e alumnado de secundaria un conxunto de ferramentas e de recursos didácticos que lles permitan “entender mellor o fenómeno da desinformación e observalo con perspectiva”. Ese é, como sinalan os investigadores Xosé Rúas e Julia Fontenla, o propósito do libro Contra la desinformación: manual de herramientas y recursos didácticos en el aula.