Achégase o verán, tempo de lecer, e xa se comeza a programar a axenda estival. Deste xeito, a Vicerreitoría do campus, como cada ano, presenta o seu catálogo de nove cursos de verán, tendo a oportunidade de compaxinar descanso e formación. A oferta, aberta a toda a comunidade universitaria e á cidadanía en xeral, abrangue catro grandes temáticas, a comunicación, o turismo, a educación e as capacidades persoais, “todos moi complementarios ás titulacións que se imparten no campus pontevedrés”, explica Ana Belén Fernández Souto, directora da Área de Extensión Cultural e Estudantes.
03/06/2011