“Exemplo de innovación e de adaptación, nova, pero atractiva e xa prestixiosa”. Así se referiu a ministra de Defensa, Carme Chacón, á Universidade de Vigo no acto de sinatura do convenio de adscrición da Escola Naval Militar de Marín á universidade viguesa, asinado hoxe polo reitor, Alberto Gago e a titular de Defensa. Grazas ao acordo a partires do 2010 os alumnos do recentemente constituído Centro Universitario da Defensa, ubicado en Marín, recibirán ademais da formación militar, a titulación de grao en Enxeñaría Industrial, na especialidade de Mecánica.
Xunto aos novos títulos de grao, na Escola Naval poderanse cursar estudos de posgrao, másteres e doutoramento, co cal se converterá tamén nun centro de investigación no ámbito da seguridade e da defensa. Ademais, o reitor deixou a porta aberta a que a colaboración académica puidese ser a antesala doutras colaboracións, sobre todo, no referido a actividades de investigación.
11/03/2009