Un pradairo nos xardíns do CACTI lembrará desde este mércores a figura de Francisco Fernández Del Riego, Don Paco, tras o seu falecemento hai apenas uns meses. Un símbolo co que o alumnado quere renderlle homenaxe a “un firme defensor da cultura do país”, como salientaron diferentes membros de Trabalingua, a asociación estudantil que organizou o acto, encadrado nunhas xornadas de conferencias sobre as Mocidades Galeguistas. O reitor, Salustiano Mato; o secretario da Fundación Penzol, Antón Vidal, e a testamenteira de Fernández del Riego, Malores Villanueva, foron algúns dos convidados ao acto.
23/03/2011