Exipto, Chile, Turquía, Alemaña, Estados Unidos, Brasil, Portugal… así ata 32 nacionalidades. A Universidade deu este martes a benvida aos 328 alumnos e alumnas que este curso elixiron Vigo, Pontevedra ou Ourense para cursar os seus estudos. Uns estarán só o primeiro cuadrimestre, outros pasarán aquí todo o curso, pero todos teñen en común o interese por “coñecer outro país, outras linguas, outras formas de vivir e tamén de estudar”, como subliñou Cecilia, estudante de doutoramento que chegou a Vigo hai xa uns meses para realizar unha estadía de investigación na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
Entre as moitas indicacións e consellos que recibiron, o novo alumnado internacional recolleu tamén a Guvipedi@, unha "guía rápida de supervivencia".
17/09/2013