Os amantes e afeccionados ao teatro están de sorte. Hoxe abriuse a programación da XI Mostra Internacional de Teatro Universitario no campus de Vigo,coa representación de Superheroes de barrio, un musical de andar por casa, de Jordi Gomar, levado a escena pola Aula de Teatro da Universidade de Vigo, e que “por unha banda é un divertimento, pero con flashes de reflexión do mundo contemporáneo”, explica a súa directora Pepa Barreiro, tamén responsable da MITEU en Vigo.
O público presente no Vidal Bolaño puido disfrutar desta comedia musical, aínda que ás veces teña pouco de comedia e nada de musical, que conta as historias dos seus personaxes, as súas frustracións, os seus medos e os seus desexos.
20/04/2009