A Universidade de Vigo tentará que a rebaixa salarial imposta pola Xunta de Galicia nas universidades públicas galegas non se aplique na institución académica viguesa a todas aquelas traballadoras e traballadores que cobren un máximo de 1,5 veces o salario mínimo interprofesional, os coñecidos como mil euristas, unha posible medida que afectaría, entre outros, a numerosos investigadores e investigadoras contratados con cargo a proxectos. Esta é unha das principais medidas anunciadas polo reitor, Salustiano Mato, nunha sesión de Claustro na que as medidas económicas postas en marcha polo executivo galego a través da Lei de Orzamentos coparon boa parte dunha sesión na que tamén se presentou o informe do Tribunal de Garantías sobre o ano 2012. Argimiro Rojo, o seu presidente, advertiu dun aumento progresivo da conflitividade “acorde cos tempos de crise que padecemos”.
17/06/2013