“Un gran de area pode parecer insignificante, pero xuntando moitos pode facerse unha alta montaña”. Con estas palabras resume Carmen Álvarez, xefa de negociado do SIOPE, a importancia do Servizo de Voluntariado que, mediante tarefas altruístas e solidarias realizadas por membros da comunidade universitaria, colabora na transformación da realidade social máis próxima. Trátase de actividades relacionadas coa orientación, a reivindicación de dereitos, a sensibilización, o ensino, o ambiente ou a transferencia de coñecemento que, de xeito desinteresado, dan resposta a necesidades reais e xustificables.
02/04/2013