Co fin de reunir a investigadores de Literatura Infantil e Xuvenil, fomentar a investigación interdisciplinar e lograr a colaboración entre expertos, a Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil, ANILIJ, organiza por terceiro ano consecutivo unhas xornadas internacionais que, desta volta, se centrarán na tradución das obras. Nesta ocasión o evento celebrarase en Boloña, “xa que coincide coa Feira Internacional do Libro máis importante a nivel europeo, o que supón un gran aliciente para acudir”, indica Ana Fernández, profesora na Facultade de Filoloxía e Tradución e secretaria da asociación.
28/02/2013