Doce alternativas de lecer, doce propostas moi distintas pero cun único obxectivo: entreter, divertir e achegar ao alumnado e persoas interesadas unha formación práctica en campos moi diversos. O vindeiro luns ábrese o período de matrícula para o programa de obradoiros do 2º cuadrimestre, 12 talleres nos que, como ven sendo habitual, non falta a música, a danza, o teatro e a fotografía, xunto a outro tipo de propostas, entre as que se inclúen temáticas relacionadas co eido do voluntariado, a relaxación corporal ou alternativas máis técnicas dirixidas a introducir ao público no uso do software libre ou a creación de modelos 3D.
31/01/2013