Que as mulleres son maioría na Universidade é un feito, representan o 53,35% do estudantado, mentres que nos estudos de doutoramento son un 60,53%. Son tamén maioría entre o PAS, colectivo no que as mulleres representan un 60,75%. Ademais de ser maioría son tamén mellores, as súas cualificacións son máis altas e son maioría no rango de cualificacións entre o 9 e o 10. Pero estas cifras non significan que a problemática de xénero teña desaparecido, xa que a presenza feminina diminúe a medida que aumenta a responsabilidade da súa posición. Isto demostra que aínda queda moito por facer pola igualdade no eido universitario e resalta a importancia de desenvolver actividades como I Xornada de Innovación Educativa en Xénero, que se celebra o 16 de decembro.
02/12/2011