O teatro regresou ao Vidal Bolaño da man dunha das grandes compañías galegas, Teatro de Ningures, que trouxo ata o campus a súa nova produción, 0,7% Molotov, gañadora do XIV Premio de Teatro Rafael Dieste, un dos máis recoñecidos de Galicia. Salvador Del Río e Rocío González, protagonizan unha obra escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, na que a loita escénica entre a utopía e o nihilismo o copa todo. A programación cultural continuará a vindeira semana co espectáculo Rosalía 21, unha obra de Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira.
16/03/2011