Ata hai pouco tempo a poesía non se concibía fóra do xénero lírico, é dicir, dun texto no que o autor busca transmitir sentimentos, emocións ou sensacións respecto a unha persoa ou un obxecto de inspiración. Pola contra, na actualidade a poesía é moito máis, “hai unha mestizaxe con outros medios, con outras funcións... agora mestúrase coa danza, coas performances, con imaxes”, asegura Bugarhd Baltrusch, coordinador do I Congreso Internacional Discursos Non Líricos na Poesía Contemporánea: Espazos, Suxeitos, Medialidade que se celebrará na Facultade de Filoloxía e Tradución os vindeiros 26 e 27 de abril.
03/03/2011