Nun momento no que os fabricantes de coches fan fóra da factoría o 70% do vehículo para reducir custos, as auxiliares da automoción entran nunha loita encarnizada por facerse coas pezas, sobre todo porque nesta guerra os seus principais inimigos son as outras fábricas da mesma empresa. Algunhas pistas sobre as claves do éxito ou do fracaso, de que a auxiliar se deslocalice ou non, están na man do profesor Jesús Lampón, que na súa tese de doutoramento creou un modelo matemático que valora a continuidade das empresas a través de oito variables: custe da man de obra, número de plantas alternativas que a propia empresa teña noutros países, produtividade, complexidade do produto ou do proceso, condicións loxísticas, estratexias da empresa e procedencia do capital.
08/02/2011