Trastornos alimentarios como anorexia e bulimia están comunmente asociados á adolescencia, pero os estudos reflicten unha realidade lixeiramente diferente, cunha maior incidencia entre os 15 e 34 anos. Estes datos son resultado do estudo realizado por Alejandra Larrañaga na súa tese de doutoramento, na que determinou por primeira vez en España a incidencia acumulada de trastornos de conduta alimentaria (TCA) nun estudo poboacional de ambos sexos e un rango amplo de idade. A investigación confirma a hipótese, segundo Larrañaga, “de que a maior incidencia de TCA afecta maioritariamente á segunda e terceira décadas da vida” aínda que existe unha maior incidencia entre os 25 e 34 anos, con 5,2 casos por 100.000 persoas/ano, mentres que no rango de 15 a 24, o dato é de 4,4.
22/02/2011