Ensaiamos é un dos programas que máis éxito ten entre o estudantado da Universidade. En marcha dende 2006 ofrece un local, o teatro Vidal Bolaño, para todos os grupos interesados co único requisito de que algún dos seus membros sexa alumno ou alumna da institución. Este curso son 16 os grupos inscritos no programa que oferta a Vicerreitoría de Extensión Universitaria. “Non é o ano que máis temos, chegaron a ser 20, pero é unha boa cifra”, asegura Alfonso Caride, técnico superior de Actividades Culturais. “Buscamos non darlle só un espazo, senón preparalos para que saian tocar fóra da Universidade”, explica.
15/02/2011