Organizado polo Consello da Cultura Galega e as tres universidades galegas, este ano celebrarase o Congreso Mil e un Cunqueiros no que expertos de todo o mundo analizarán a obra e vida dun dos autores galegos de maior proxección internacional. Ao abeiro desta celebración o novelista, poeta e profesor de Literatura Galega, Manuel Forcadela, representante da Universidade de Vigo no comité organizador do congreso do centenario de Álvaro Cunqueiro, reflexiona no Duvi sobre a importancia de rememorar " a quen foi un dos creadores que, desde a palabra, desde o mito, desde a celebración do popular, desde a procura do culto na tradición autóctona, erixiu un dos edificios máis poderosos da nosa cultura contemporánea".
02/02/2011