Concentración mental, preparación física e espírito deportivo son os aspectos básicos para acadar o éxito no rugby e, por este motivo, serán os protagonistas dunhas xornadas organizadas polo Iveco Universidade de Vigo que ao longo deste venres e sábado se desenvolverán no campus. Os relatorios correrán a cargo de Norm Maxwell, xogador recoñecido a nivel mundial que se incorporou ao equipo vigués este verán. “Trátase dunha iniciativa moi innovadora”, tal como sinala Miguel Ángel Fernández, responsable de marketing e comunicación do equipo, que explica que “en España faise moito fincapé nos temas físicos, nas estratexias e nas tácticas, pero o rugby é un deporte que esixe moito máis”.
02/12/2010