A efectividade e precisión da ferramenta de detección de arquivos pedófilos en internet, VICUS, despertou xa o interese FBI. Este sistema, elaborado polo Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo en colaboración coa Garda Civil e Gradiant, estreouse no mes de setembro na Operación Telémaco que permitiu a detención de 13 persoas e a imputación de outras 6 en todo o territorio nacional. Segundo explicou o investigador principal do GTI, Juan Carlos Burguillo, na presentación de VICUS ante os medios de comunicación, trátase dun sistema con dúas vantaxes claras fronte aos seus antecesores, "a facilidade do seu uso, que non require de coñecementos específicos de informática" e a eliminación e falsos positivos. Para o Gonzalo Sotelo, do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil, "a criminalización social destes delitos é moi elevada", polo que é de vital importancia reducir a marxe de erro.
18/11/2010