As obras son o legado que os escritores deixan para a posteridade, pero a súa pegada non se limita aos textos, neles quedan tamén trazos da súa personalidade, das súas experiencias vitais, do seu pensamento, do seu sentir. Esta herdanza, no caso de Gonzalo Torrente Ballester, acada o seu máximo significado neste 2010, ano do seu centenario. Arredor da súa obra pero tamén da súa figura como persoa reúnense esta semana en Vigo os máis relevantes torrentistas do mundo, no que é o único congreso desta envergadura que ten lugar netas datas tan sinaladas, como explicou no acto de inauguración a profesora Carmen Becerra, organizadora do simposio internacional.
15/11/2010