O fiscal xeral do Estado, Cándido Conde-Pumpido, retou este xoves aos novos estudantes de Dereito a “reanudar e renovar o esforzar intelectual que ha de xerar, nas zonas aínda inexploradas da globalidade, a revolución xurídica do século XXI”. Fíxoo no transcurso do acto de apertura de curso da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, onde estivo acompañado polo reitor, Salustiano Mato, e a decana da facultade, Ana Mª Pita Grandal, ademais de por numerosas autoridades do ámbito xudicial e político.
Foi unha primeira clase da man dun profesor de excepción, como subliñou a decana do centro, que resumiu aos novos estudantes da facultade, “que agora vos iniciades na profesión”, o denso currículo dun galego “cuxa labor xurídica está fóra de toda dúbida”.
16/09/2010