A pluridisciplinariedade caracteriza o apoio do sector produtivo ao proxecto do Campus do Mar, que conta xa coa adhesión de empresas como Citroën, Zeltia, Pescanova ou Barreras. Estas entidades veñen a sumarse ás universidades galegas e do norte de Portugal, aos organismos de investigación, plataformas e centros tecnolóxicos, centros de divulgación científica e tecnolóxica e apoios institucionais e sociais. Para o comisionado do Campus do Mar, Emilio Fernández, o máis importante do respaldo empresarial é o seu carácter plural, con representantes do eido da automoción, da biomedicina, da construción naval, da alimentación, da pesca...
10/05/2010