“Reflicte que non nos estancamos e que o traballo e o investimento en investigación dá os seus froitos permitindo que a Universidade de Vigo acade un posto por riba do que lle correspondería polo seu tamaño”. Nestes termos valora a vicerreitora de Investigación, Elsa Vázquez, a posición acadada pola institución académica viguesa no Ranking de 2009 en investigación de las universidades españolas elaborado por investigadores da Universidad de Granada (UGR). A análise de sete criterios como son: artigos ISI, teses de doutoramento, bolsas FPU, proxectos de I+D, doutoramentos con mención de calidade, tramos de investigación e patentes rexistradas e explotadas, permitiu aos investigadores de Granada, ordenar un total de 48 institucións académicas publicas españolas. Nesa relación global a Universidade de Vigo sitúase no posto 23, un por riba da metade do ranking, confirmándose ademais como a terceira universidade española que máis postos sube, nove, en relación co estudo de 2008.
27/04/2010