Conciliación, medios de comunicación, prostitución, estereotipos, discriminación laboral, violencia de xénero ou arte, son algúns dos temas que abordan nos seus traballos unha vintena de investigadoras e investigadores da Universidade de Vigo, así como nos relatorios e sesións docentes impartidas por recoñecidas profesionais da investigación feminista na institución académica viguesa. Traballos desenvolvidos ao abeiro da Cátedra Caixanova de Estudos Feministas que agora veñen de ser publicados nos volumes II, III e IV da colección editada por Difusora de Letras, Artes e Ideas e dos que o vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area, destacou na presentación celebrada este mércores no Centro Social Caixanova “o seu carácter interdisciplinar”, así como a importancia das achegas realizadas polas autoras e autoras das investigacións.
10/03/2010