Cando se cumpren 59 anos da institucionalización do Día Mundial dos Dereitos Humanos, a profesora de Dereito e coordinadora do grupo HII3 no programa El tiempo de los derechos Consolider-Ingenio 2010, Susana Álvarez, reflexiona neste artigo de opinión sobre a necesidade de incorporar ao noso ordenamento xurídico novos dereitos. Así, gozar dun medio ambiente axeitado ou a calidade de vida, preséntanse, segundo Susana Álvarez, como exemplos deses novos dereitos "que van aparecendo de xeito gradual, debido ao reto que plantean as novas ameazas á liberdade ou dignidade das persoas ou ben para dar resposta ás necesidades humanas que xorden nun determinado momento". Recoñecemento de novos dereitos aos que se engade, segundo a profesora da Universidade de Vigo, a consolidación de dereitos historicamente recoñecidos para que non se convertan en meras fórmulas retóricas.
10/12/2009