Con ganas de repetir a experiencia do ano pasado, o alumnado da ETSE de Telecomunicación ultima os preparativos para festexar ao seu patrón este mércores 4 de novembro. A romaría comezará co pregón a cargo da cantante de hip hop e alumnada da Escola, Aid, e a procesión do Meco, confeccionado polo estudantado de primeiro ano e a continuación terá lugar a festa tradicional galega no aparcadoiro do centro, onde os asistentes poderán degustar a gastronomía típica e gozar da música popular. "Coa celebración da romaría tradicional, San Teleco gañou en identidade” afirmou Manuel García, membro da Delegación de Alumnos da Escola na presentación do programa de celebracións no que a directora do centro, Edita de Lorenzo, definiu este evento como “festa de convivencia”.
02/11/2009