Cotovía é un sistema de conversión texto-voz bilingüe para galego e castelán desenvolvido polo grupo de Tecnoloxías do Sinal da Universidade de Vigo xunto cun grupo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela co apoio do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Ata o de agora, Cotovía tiña voz masculina, de feito tres voces masculinas, pero o grupo está inmerso no proceso de selección dunha nova locutora que poña o toque feminino. A través dunha enquisa con doce mostras de voces, o grupo vai seleccionar a persoa que teña, entre outras características a fala máis clara, a que mellor vocalice e a menos monótona. A elixida gravará arredor de 10000 frases coas que o sintetizador traballará para seleccionar, en cada ocasión, os fonemas e unidades máis idóneos para poñerlle voz a un texto, xa sexa un mail, un correo electrónico, un GPS ou as indicacións da megafonía dunha estación de trens ou dun aeroporto.
04/06/2009