Co gallo da celebración hai unhas horas do Día Internacional da Muller, a concelleira de Igualdade do Concello de Vigo, Iolanda Veloso, afonda neste artigo de opininón na reivindicación "de dereitos que benefician a todos os que constrúen unha sociedade máis xusta, sostíbel". Cambios encamiñados a rematar coas desigualdades que, por exemplo, reflicte o recentemente publicado informe sobre a Lei de Igualde, dous anos despois da súa entrada en vigor e que confirma que a muller é destinataria do 70% do total dos contratos a tempo parcial e tan só do 40% do total dos contratos a xornada completa.
Aínda así, datos como o incremento dun 13,5%, en dous anos, na porcentaxe de mulleres nos altos cargos da Administración Xeral do Estado ou a suba en doce puntos porcentuais, con respecto á elección anterior, no número de mulleres presentadas ás listas electorais para o Congreso dos Deputados en 2008, amosan tímidos avances no camiño da igualdade cara á sociedade que, di Veloso, "queremos para os nosos fillos e fillas".
09/03/2009