Cando se cumpre un ano da súa incorporación á fronte da Xerencia da Universidade de Vigo, Ana Fernández Pulpeiro asegura sentirse satisfeita, aínda que a continuación deixa claro que “a miña filosofía é a da mellora continúa, e polo tanto creo que as cousas sempre se poden facer mellor”. Un ano no que viu a luz o Plan Operativo de Xestión, a folla de ruta pola que a Universidade de Vigo vaise guiar no ámbito da xestión, e que a xerente cualifica de “ambicioso, pero factible”. A consecución dunha xestión baseada nun modelo de excelencia; a mellora dos procesos internos de xestión académica, extensión e de I+D+i ou o establecemento dunha política integral de persoal, son algúns dos obxectivos estratéxicos do Plan, froito da participación dun amplo sector da comunidade universitaria. En canto ás relacións que a Xerencia mantén cos representantes sindicais dos traballadores, Fernández Pulpeiro, cualifícaas de “normais”, ao tempo que reitera a súa disposición “a falar de calquera tema, con todos os que buscan o diálogo”.
19/02/2009