No seu esforzo por tratar de coñecer mellor a opinión e o grao de satisfacción dos seus usuarios, a Biblioteca Universitaria puxo en marcha o pasado mes de novembro o proxecto PREME, unha pregunta cada mes. Trátase dun conxunto de enquisas dixitais que forma parte do seu sistema de xestión de calidade ISO 9001, “concibido para captar de forma áxil e sinxela o nivel de satisfacción dos usuarios con este servizo”, explica Gerardo Marraud director da biblioteca.
Para o seu desenvemento formularase cada mes unha cuestión distinta de xeito que, ao cabo do ano, se poida obter unha visión xeral da opinión dos usuarios sobre os distintos servizos e recursos que a Biblioteca Universitaria ofrece tales como as coleccións impresas, os recursos electrónicos, as instalacións, os servizos de préstamo, a calidade da atención ao público, as actividades de formación, etc.
09/12/2008