Levan pouco máis de seis meses de actividade real e captaron xa un millón de euros en proxectos.Cando se cumpre un ano da fundación do Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia, Gradiant, o seu director, o catedrático da Universidade de Vigo, Fernando Pérez, admite que “o balance é moi positivo, o centro tecnolóxico sitúate nunha esfera diferente que te permite captar máis recursos”.
A constitución da fundación, na que participan once empresas do sector das TIC en Galicia, a Consellería de Industria e as tres universidades galegas, foi en decembro do 2007, pero o inicio da actividade real foi o 2 de maio, cando o centro comezou a dotarse de persoal. Provisionalmente están instalados na ETS de Enxeñaría de Telecomunicación, onde no 2003 un grupo de profesores, con Pérez á cabeza, comezou a soñar con este proxecto. O 2009 esperan que sexa o ano do seu traslado a CITEXVI.
15/12/2008