O 45% das ventas de dereitos de emisión de carbono en España tivo lugar en Asturias, unha comunidade que ten pouco máis dun millón de habitantes, apenas un 2,38% do total nacional. Este dato é un dos resultados do barómetro Efectos do novo mercado de dereitos de emisión de carbono en España, elaborado polo profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Miguel Rodríguez, e o investigador do CSIC, Pablo del Río, para o Instituto de Estudos Fiscais, IEF, un centro especializado de formación e investigación dependente do Ministerio de Economía e Facenda.
A explicación que dá o investigador a esta contradición fai referencia ao feito de que arredor do 80% do total de emisións que se producen en Asturias están reguladas, mentres que noutras comunidades como a madrileña, esta cifra redúcese ata un 5%, chegando a ser inferior en lugares como Estremadura.
20/11/2008