Destacadas personalidades do Dereito do Traballo e da Seguridade Social a nivel nacional e internacional, daranse cita este mércores, na Casa do Concello de Baiona, para celebrar unha xornada monográfica sobre a relevancia da idade na relación laboral e de seguridade social. No evento, dirixido polo catedrático da Universidade de Vigo, Jaime Cabeza Pereiro, desenvolveranse unha serie de relatorios e mesas de traballo que tratarán o tema atendendo á situación en diferentes países europeos así como en América Latina. A xornada, que se celebra no marco do proxecto de investigación do Ministerio de Educación e Ciencia que comparten as Universidades de Illas Baleares, Girona e Vigo, ten como obxectivo principal a “realización dunha análise transversal dos efectos da idade na relación laboral e na seguridade social”, explica Jaime Cabeza.
04/11/2008