Arquitectura sostible, sistemas térmicos solares e tecnoloxía fotovoltaica son as tres áreas temáticas nas que se divide o XIV Congreso Ibérico de Enerxía Solar que hoxe deu comezo no Centro Cultural Caixanova de Vigo e que se prolongará ata o vindeiro sábado. Esta reunión que se ven celebrando cada dous anos desde 1982 é o evento que reúne o maior número de artigos en portugués e castelán escritos por expertos dos dous lados do Atlántico, posto que o congreso está aberto a asociacións americanas de enerxía solar. Así, investigadores de México, Venezuela, Colombia, Perú, Brasil, Arxentina e Uruguai, xunto con españois e portugueses, “analizarán a situación actual da tecnoloxía solar en cada país”, tal como explica Manuel Vázquez, profesor do Departamento de Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos, e presidente do comité científico e organizador.
18/06/2008