Docente e investigador. Catedrático e autor de numerosas publicacións sobre socioloxía da cultura, desenvolvemento local ou análisis sociolingüístico, falecía nas últimas horas, tras unha longa enfermidade, Xan Bouzada.
Ao longo da súa traxectoria profesional, o sociólogo Xan Bouzada, destacou polo seu traballo no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía da Universidade de Vigo, do que foi director e desde o que nos últimos tempos impartía as materias de Socioloxía do consumo, Socioloxía da comunicación e Socioloxía xeral.
05/05/2008