Do 1 ao 4 de outubro permanecerá aberto o derradeiro prazo de preinscripción nun total de once Programas Oficiais de Posgraos nos que quedan prazas vacantes.
Os POP,s nos que aínda é posible realizar a preinscripción e posterior matrícula son os seguintes: Técnicas Estatísticas, Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria, Fotónica e Tecnolxías do Láser, Prevención de Riscos Laborais, Xestión e Dirección Laboral, Química Teórica e Modelización Computacional, Ciencia e Tecnoloxía Química, Física Aplicada, Neurociencia, Dirección e Planificación do Turismo e Enxeñaría Matemática.
A oferta de Programas Oficiais de Posgrao da Universidade de Vigo complétase cara ao vindeiro curso cos POP,s en Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente e Enerxía e Sustentabilidade, nos que as prazas ofertadas xa están totalmente cubertas.
01/10/2007