A Universidade ingresou o pasado ano 9.970.000 euros pola realización de máis de 1000 actividades de I+D+i. Empresas, administracións e centros tecnolóxicos conforman o núcleo central dunha “carteira de clientes” da que tamén forman parte fundacións, asociacións sen ánimo de lucro e mesmo sindicatos, por citar algúns exemplos.
A cifra inclúe dende contratos que poderiamos denominar de longa duración, pois poden durar máis de dous anos e acadar importes de ata 500.000 euros, ata servizos mínimos polos que non se chega a cobrar máis de 19 euros, o que dá unha idea da variedade de servizos dos que estamos a falar. O Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos encabeza, con 1.048.000 euros, o ranking de departamentos que máis recursos capta por actividades de I+D.
19/02/2010