O Iveco recibe o domingo día 13 de febreiro, ás 12.00 horas, ao CRC Madrid no primeiro partido da fase de ascenso á División de Honra. Agora todo o mundo sabe que en Vigo hai equipo de rugby. O soño do actual presidente, Ramón González-Babé, é que despois destes dous encontros,consigan ou non chegar á máxima categoría nacional, o público non os esqueza. Foi un camiño longo no que contaron coa axuda de David Monreal, o adestrador do primeiro equipo, que apostou polo traballo coa canteira e trouxo da súa man a Norm Maxwell, un All Black. A súa experiencia serviu de reclamo para a chegada de novos xogadores, entre eles algúns dos seus compatriotas, como Cameron Eyre ou Rikki Tukaki, pero tamén deulle un pulo moi importante ao xogo do resto do equipo, a clave nisto do rugby.
10/02/2011