A película Ágora, de Alejandro Amenábar, reflectiu o intenso labor científico e filosófico de Hipatia de Alexandría, unha das principais referencias femininas do mundo do saber, “aínda que sería unha gran descoñecida se o cine non axudara a divulgar a súa figura”. Con este exemplo, a profesora da Universidade de Vigo Purificación Mayobre, nova convidada ao ciclo de conferencias Introdución da perspectiva de xénero en áreas de coñecemento organizado pola Unidade de Igualdade da man da profesora Mari Lires, afondou no papel das mulleres na filosofía e aclarou que, “a pesar de que os libros de texto non as mencionen, existiron pensadoras dende as escolas gregas”.
15/11/2011